OS ESPAZOS WEB SOBRE LOBEIRA

Á vista do que está a acontecer con Lobeira en el Mundo nos derradeiros días, vinme obrigado a puntualizar algunas cousas en dito espazo. Penso que o que alí veño de escribir é de sumo interés para os lectores de Diario de Lobeira e por iso o inserto aquí.

Durante moito tempo, tanto Diario de Lobeira coma eu mesmo, tivemos que soportar que dende Lobeira en el Mundo se nos atacase con: insultos, descualificacións gratuítas, acusacións de facer censura dos escritos enviados ao xornal e outros ataques varios. Repetidamente tivemos que saír tanto no xornal como persoalmente en Lobeira en el Mundo a responder razoadamente aos ataques que recibíamos. Aos diferentes comentarios que sobre feitos reais fixemos no xornal respondéusenos, a maior parte das veces, con insultos e sen argumentacións razoadas e que puideran considerarse como admisibles críticas aos nosos comentarios.
En repetidas ocasións o web-master de Lobeira en el Mundo dixo que era “norma da casa” non responder a anónimos. Logo, nalgunhas ocasións si respondeu.
Hai ben poucos días uns comentarios anónimos, en Lobeira en el Mundo, insinuaron que había algunha irregularidade nunhas obras que se estaban a facer na Vila. Non dubidaron non soamente en atacar a un membro da Corporación Municipal, chegaron a involucrar á súa familia. Nesas mesmas datas Diario de Lobeira recibiu sobre o mesmo tema un comentario anónimo moito máis explícito que o colgado en Diario de Lobeira. Seguindo a nosa formar de traballar, que tanto criticaron en Lobeira en el Mundo, censuramos dito comentario e non ó publicamos, pois non podíamos permitir que dende o anonimato se puidese atacar de forma gratuíta a unha persoa por feitos non verificables e involucrar ademais a súa familia.
En Lobeira en el Mundo despois de todo o antes dito desaparecen, días despois, un montón de comentarios que antes permitiron que visen a luz. Logo o web-master escribe uns comentarios gravemente insultantes, chegando a chamar CANS aos que escribían no seu espazo virtual e borra todo o escrito dende o 28 08 2011. Faino en varias etapas e ao día de hoxe deixa en primeira liña a miña resposta a un comentario escrito baixo o pseudónimo de BNG. Nembargante tamén borra o comentario que deu orixe ao meu escrito e que como se pode ver pedín, por activa e por pasiva, que fose eliminado na web no seu momento. NON O FIXO.
Que criterios sigue o web-master para semellante esperpéntica actuación?
Como permitiu sistematicamente que se me insultase gratuitamente? e agora censura a totalidade dos comentarios. Faino cando lle meten un comentario que nunca debeu deixar colgado na páxina varios días. Agora é cando dí : “durará aquí o tempo que tarde en ser borrada”. Eliminou tarde ese comentario e moitos máis, pero o mal xa está feito. NON SE PODE ADMITIR UN COMENTARIO QUE DENUNCIA FEITOS QUE TEÑEN QUE SER CONTRASTADOS E COMPROBADOS. O resto é permitir que se faga un DANO GRATUÍTO E NON REPARABLE.
AGORA É CANDO OS LECTORES DE DIARIO DE LOBEIRA E DE LOBEIRA EN EL MUNDO PODEN XUZGAR A FORMA DE ACTUAR E O COMPORTAMENTO DOS ADMINISTRADORES DE DITOS ESPAZOS.
Para terminar este longo escrito, polo que pido desculpas, quero recordarlle a quen enviou a Diario de Lobeira, nas vésperas das eleccións, dous mensaxes anónimos, co pseudónimo de “Sacauntos”, mensaxes que censuramos e no que no segundo escribiu “o millor só tiñas que preguntar para contrastar, moitas grazas pola liberdade de expresión! asi ata Hugo Chavez é legal!” que debería meditar agora, xa que non o fixo antes, sobre a súa inadmisible actitude fronte a miña, a vista do que veño de escribir.

Arsenio Landa

Ata que por fin

Cuando dixen que non era pra mais meter o nariz naquela páxina, por que non son sérios, traicionaron a Lobeira, por mais que o diga de forma polida o Sr. Araujo, era polo feito de que non interessa aos lobeirenses politicas retrógadas, daquelas que buscam apoio en teorias falidas - que non caben neste século. O pobo non quere filosofias. Estas son boas quando xá non mais fai falta pan (aqui figuradamente). Dar a Lobeira o que lle pertence. É iso que se espera dos politicos que ali arribaron ó Concello. Felicitacións pelo teu trabalho, D. Arsenio. Aqui neste foro temos a seriedade merecida por quem busca noticias de Lobeira sin ideoloxias nefastas ou discursos tendentes a embazar o mal que fixeron e fan determinada clase de politicos atuantes em Lobeira. Outra vez invito (veredes como é fácil) non mais frecuentar falacioso foro. Saúde aos Lobeirenses (SÓ AOS LOBEIRENSES, NON ÓS FALSOS LOBEIRENSES).

Felix Vazquez, do Brasil (filho de Manolo, de Parada)

Parabéns, Arsenio.

Amigo Arsenio, unha vez máis explicas con meridiana claridade a línea que levas aplicando en Diario de Lobeira, un espacio dedicado ao servicio dos veciños do noso concello, no que todos podemos colaborar, sin outra censura máis ca non cair no insulto ou descalificación persoais ou denunciar, dende o anonimato, algo non comprobado ou contrastado.
Lobeira en el Mundo está ao servicio dun partido político, a súa visión de Lobeira sempre será dende ise prisma, e quizáis por eso mesmo, os que non militamos nise partido non só non lle importamos, é que ademáis considéranos rivais cando non inimigos.
Anímote, Arsenio, a continuar a mesma línea no teu Diario, onde porriba de todo se pensa en Lobeira, nos cidadáns, nos pobos, no presente e futuro do noso querido Concello.

B. Araújo

Non sair da liña

Grazas mil polo comentario de B. Araujo. A forma de facer e de informar de Diario de Lobeira segue a ser a de sempre. Serviulle ao BNG moito tempo e si non lle vale agora non será por que teñamos cambiado na nosa liña, que soamente se rixe polo ben de Lobeira e as súas xentes. Unha forte apreta.