A ONDE VAI IR O PARQUE EMPRESARIAL?
Engadimos abaixo enlace cunha nova dada por La Región sobre o futuro Parque Empresarial de A Baixa Limia.
Esta iniciativa, sen entrar na dubidosa rentabilidade que poida ter, no caso de instalarse onde di a nova de La Región , sería outro dos grandes erros que tería que sufrir a nosa comarca. Non deberíamos esquecer o acontecido co Instituto que se debería haber construído en As Conchas nin co PAC que ao igual que o Instituto foi para Bande polas razóns que todos sabemos. Sería de desexar que hoxe os noso rexedores e os altos cargos da Xunta teñan un pouco máis de sentido común co que tiveron no seu día nos temas citados.
Existen numerosas razóns que desaconsellarían o emprazamento previsto e imos citar as máis significativas ao noso parecer:
1- Se se trata dun parque comarcal debe instalarse nun punto o máis próximo posible ao centro da comarca para facilitar o acceso de traballadores e usuarios ao mesmo. O asentamento da poboación na nosa comarca é máis que necesario imprescindible si non queremos que morra. Ver o dito por Lisardo Fernández na nova de La Región.
2- Se se vai crear un Parque Empresarial será loxicamente para dar traballo a maior parte dos poucos mozos que quedan na nosa comarca e tratar de que volvan os que tiveron que marchar dela. Á proximidade das súas casas ao Parque debe ser un punto a ter moi en conta. Para quen se vai crear o Parque, para A Baixa Limia ou para os concellos limítrofes?
3- Se temos en conta en cunha natural e importante saída dos produtos e servizos do Polígono debería ser Portugal, non semella moi lóxico instalalo no punto máis distante as fronteiras máis importantes co país veciño.
4- Como Bande xa ten cousas das que carecen os outros Concellos como Instituto, PAC, Multiusos, etc. , non parecería xusto que tamén se instalase alí o posible Polígono. A vana argumentación que fixeron algúns, como que por exemplo o PAC debía estar en Bande pois era a forma de estar máis preto do Hospital de Ourense, non ten o máis mínimo sentido. Se a razón fose esa o que habería que pedir sería máis ben unha estrada en condicións para poder chegar antes a Ourense.
¡POR FAVOR ,UN POUCO DE SENTIDIÑO SEÑORES POLÍTICOS!
Enlace:
http://www.laregion.es/noticia/191462/malestar/vecinal/situar/vieiro/parque/industrial/
