DE NOVO O VÍDEO “ISTO É O QUE TEMOS EN LOBEIRA”
Hai meses que youtube bloqueou o Vídeo “ISTO É O QUE TEMOS EN LOBEIRA”, que colgamos antes das derradeiras eleccións municipais, cando xa levaba 343 visitas.
Como non desexamos deixar no esquecemento dito traballo, eliminamos as músicas de fondo, orixe da causa do bloqueo e colgámolo novamente.
Por outra parte, volvendo a velo pódese comprobar que pouco ou nada cambiou a situación do noso Concello, despois das eleccións. Segue na Alcaldía quen foi o principal responsable de todo canto denunciamos no vídeo que agora volvemos a colgar.
