"BANN KALAC", A NOSA MOCIDADE
Engadimos un enlace co vídeo da intervención no programa A Solaina da TVG do grupo Bann Kalac. Dito grupo está formado por cinco mozos de A Baixa Limia, sendo dous deles, Daniel Romero e Alfonso Pereira do noso Concello.
Fartos de colgar novas sobre temas políticos, case sempre negativas, hoxe congratulámonos desta nova que nos enche de ledicia e de esperanza.
NOSOS MELLORES DESEXOS DE ÉXITO PARA TÓDOLOS COMPOÑENTES DE BANN KALAC
