No día de hoxe, 29 de Maio de 2010, colocaron unha placa conmemorativa da inauguración do Velorio. Nela di que foi inaugurado no mes de Maio (sen poñer día) polo Presidente da Deputación, sendo Alcalde Emilio Higuero. Ninguén sabe se tivo lugar dita inauguración ou se se puxo a placa sen ter sido inaugurado o Velorio.
É certo que ao tratarse dun lugar fúnebre sobrarían os foguetes e as comerotas habituais en outras inauguracións de edificios que, como exemplo vivo de cartos tirados e incompetencia do Alcalde e do Grupo de Goberno, continúan pechados ao día de hoxe.
Na foto que se engade pódese ver canto coidan os textos das placas no noso Concello:
En galego non temos VELATORIO temos VELORIO. ¿Soñáballes mal iso de VELORIO?. ¡Non é de estrañar coa que montaron!.
Outra: A abreviatura de Ilustrísmo é Ilmo. e non Iltmo.
A verdadeira inauguración ímola ter cando se comece a utilizar este servizo e vexamos o custo que vai ter para os lobeirenses esa obra feita cos cartos de todos e que foi alugada en 50 € ao mes (IVE incluído).
Tal e como anunciamos na anterior nova sobre a Romaría da Nosa Señora do Viso, colgamos neste xornal unha filmación, feita no presente ano 2010,durante a procesión de subida da imaxe dende a Igrexa Parroquial de San Vicente de Lobeira ata a Ermida do Monte do Viso, .
SEGUE LINK:
No xornal La Voz de Galicia do pasado día 20 de Maio apareceu unha nova referente á non potabilidade da auga da traída que abastece a Santa Baia, As Quintas e A Vila.
Ver a nova en:
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/05/20/0003_8494752.htm
No día de onte, Domingo de Pentecostes, celebrouse en Lobeira a Romaría de A Nosa Señora do Viso. Como é tradicional a imaxe de A Nosa Señora foi trasladada en procesión, en carro tirado por devotos, dende a Igrexa Parroquial de San Vicente ata a Capela do Viso, onde tiveron lugar as tradicionais puxas para entrar a imaxe na capela e para subila ao seu camarín. As 13 celebrouse a Santa Misa concelebraba. Actuou durante a Misa e ao seu remate a Coral Camerata Auriense.As tradicionais comidas campestres, animadas por charangas, completaron os festexos ata á hora da sesión de baile que foi animada por unha orquestra e charangas.
O tempo axudou á celebración da festa e é necesario resaltar que aínda que puidera parecer que se vai producindo, ano a ano, unha baixada nos asistentes á romaría o número de familias que fixeron as súas comidas campestres, parece ter aumentado con relación a outros anos. Tamén o número de asistentes que acompañan a procesión vai sendo menor, pensamos que como consecuencia do envellecemento da poboación.
Xa pasaron cinco anos dende que tomei esta foto, paseando pola fermosa Coimbra. Pensei que sempre quedaría como un recordo no meu archivo fotográfico. Hoxe, Día das Letras Galegas,remexendo no meu ordenador atopeina. Pouco despois vin en LOBEIRA EN EL MUNDO unha mensaxe de Fragoso82. Non puiden evitar a tentación de relacionar os seus dous contidos e ante a imposibilidade de colgar a foto en dita web fágoo nesta. Arsenio Landa
SEGUE LINK
http://gbooks1.melodysoft.com/app?ID=lobeira
Como exemplo do deterioro e abandono en que se atopa o noso Concello, móstrase na foto o estado da estrada que vai ao Viso dende preto da pista de Ermille. Dita estrada é moi concorrida no día da Romaría de A Nosa Señora do Viso. A 11 días de dita festa o Concello non a ten arranxado. Cabe pensar que o Alcalde e os Concelleiros do Grupo de Goberno non pasan pola estrada en cuestión e nin haberá quen lles advirta do problema. ¡Eles están noutra onda e dedícanse a outras cousas máis rendibles! Existen varias desfeitas semellantes ás da foto e é mágoa pensar na imaxe, tan real como noxenta, que pode dar o noso Concello aos romeiros no día Grande de Lobeira.
Por desgraza non son estas as únicas fochancas que ten o noso Concello.
O único que se demostra é que as nosas críticas contínuas ao actual goberno municipal están unha vez máis xustificadas.
O voceiro do BNG preguntou no derradeiro Pleno do Concello o seguinte:
¿ Como é que o Alcalde regalou a un empresario particular a explotación do Velorio?
Nos agora, antes de entrar máis profundamente no asunto do Tanatorio, imos a engadir unha parte do texto do contrato asinado polo Concello sobre o tema:
14.-DEREITOS DO CONTRATISTA
Serán dereitos do contratista-administrador do servicio as seguintes:
- O dereito a explotar o Velorio do Concello de Lobeira polol tempo da concesión e a percibir a retribución económica comprendidaa nas tarifas legalmente establecidas para o sector ou as aprobadas na Ordenanza ou Regulamento do Servicio procedentes dos usuarios do servicio.
- O dereito a solicitar ó Concello de todas aquelas medidas non previstas no presente prego ou no contrato contribúan a prestación dun servicio de calidade.
- O dereito a utilizar os bens de dominio público do Concello que sexan imprescindibles para a prestación do servicio.
- O dereito a recibir o amparo e protección do Concello para o normal desenvolvemento do servicio.
16.- FIANZA DEFINITIVA.
O contratista depositará unha fianza definitiva será equivalente ó 5% do prezo de adxudicación que responderá do deterioro ou mal uso das instalacións onde de presta o servicio en calquera das modalidades previstas no artigo 84.1 la LCSP
Visto o anterior a nosa pregunta é:
¿Regalou ou non o Concello a explotación do Velorio a un amigo do Alcalde?
As 9:30 h. do día de onte celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Lobeira. Antes de facer a crónica do mesmo temos que dicir que si os outros plenos, dos que temos dado noticias, os cualificamos de surrealistas o de onte chegou a límites que difícil será que os lectores entendan que se poidan manter actitudes como as que imos a expoñer e que reflexan a triste realidade do noso Concello.
XA É DE TODOS COÑECIDA A PERMANENTE E INADMISIBLE ACTITUDE DO ALCALDE, PERO COMO PODEN AS XENTES DO SEU GRUPO DE GOBERNO CONSENTIR ESTE PERMANENTE ATAQUE A DIGNIDADE DAS XENTES DE LOBEIRA?.
SE O LECTOR TEN A PACENCIA DE SEGUIR TODA A CRÓNICA VERÁ POR QUE A TITULAMOS COMO O PLENO DOS CALADIÑOS.
SEGUE O RELATO VERAZ E PUNTUAL DO VERGOÑENTO PLENO DE ONTE……….
Dende Diario de Lobeira queremos recordar aos nosos lectores que a tradicional Festa do Viso terá lugar o día 23 de Maio de 2010 ( Domingo de Pentecostes).
Esta tradicional romaría é a máis importante de toda a Baixa Limia e recordamos aos romeiros habituais e a aqueles que non a coñezan que a festividade comeza co traslado, en procesión, da imaxe de A Nosa Señora do Viso dende a parroquial de San Vicente de Lobeira, ata a Capela do Viso. Seguen as tradicionais puxas para entrar a Virxe a Capela e para subila ao camarín. Logo Misa, comida campestre e festa con grupos folclóricos e orquesta.
Como ampliación a nova sobre o Tanatorio de Lobeira e en resposta a un comentario feito sobre a mesma, compre dicir que os Concellos que fan unha concesión de explotación dun ben público a un particular, débeno facer mediante un concurso e ata onde sabemos tal concurso non tivo lugar.
Ademais do que dixemos na anterior nova, cabe completar a información co seguinte:
O custo, ás arcas públicas, do Tanatorio foi de 135.000€.
A instalación de mobiliario vai correr tamén por conta do diñeiro público, como nos consta
A luz tamén vai pagala, presuntamente, o Concello.
E as pregunta do millón son:
COMO PODE O CONCELLO ALUGAR POR 50 €/ MES UNHA INSTALACIÓN DE 135.000 € CORRENDO ADEMAIS COS OUTROS GASTOS?.
CANTO LLE VAI CUSTAR AOS VECIÑOS DE LOBEIRA A UTILIZACIÓN DO TANATORIO, CANDO TEÑAN A DESGRAZA E A NECESIDADE DE TER QUE VELAR AOS SEUS MORTOS?
