Engádese o enderezo no que se pode ver unha toma de vídeo feita durante a rodaxe que se fixo o pasado domingo na Chaira do Santo de As Quintas(Lobeira), para a curtametraxe "O Límia, río do Esquecemento".
Foi unha tarde inesquecible, chea de ben facer, de espírito de colaboración e onde se mostrou unha vez máis o que se pode e se debe facer en Lobeira.
Con poucos recursos, moito esforzo e máis ilusión, logrouse facer un traballo que dará os seus froitos en pouco tempo.
O pasado domingo rematouse a rodaxe da curtametraxe titulada "O LIMIA, RÍO do ESQUECEMENTO". Trátase dunha historia de ficción que ten como base a lenda de que perdían a memoria aqueles que atravesasen o río Limia.
A curtametraxe é producida por:
Jordi Romero Oya como Director
Ramón Camuñas Vecín como Xefe de Producción,
ambos da productora independente "Ozzypiuntur" de Barcelona
e Arsenio Landa Velón como Productor Executivo, de "O Obradoiro Aula de Ensino" Ermille (Lobeira) .
SEGUE INFORMACIÓN DOS ACTORES
O día 30 de Abril celebrouse un Pleno no Concello de Lobeira, do que non dimos novas polas razóns xa expostas. Estivemos en dito pleno e soamente caben facer dúas apreciacións de interese para todas as xentes de Lobeira que seguen este espazo.
SEGUEN COMENTARIOS SOBRE DITO PLENO
Durante toda a semana pasada estivemos traballando no rodaxe da curtametraxe "O LIMIA, RÍO do ESQUECEMENTO". É por eso que non tivemos tempo a dar novas sobre Lobeira. Rematado o traballo comezaremos nun par de días ao noso traballo neste espazo.
Na próxima semana comezará a rodaxe da curtametraxe "O LIMA, RIO DO ESQUECEMENTO". Trátase dunha historia de ficción baseada na lenda do río Limia, que recreará paisaxes de A Baixa Limia e que interpretarán actores profesionais nos dous papeis principais e o resto serán actores da Limia.
A curtametraxe conta con música do grupo folk de Bande "Kerkennai" do que se pode ver un vídeo en
http://www.youtube.com/watch?v=fpfeZ0eTbUA
Na versión dixital do xornal La Región podese ver unha nova referente a creación polos 5 concellos de A Baixa Limia, o de Calvos de Randín e 5 Cámaras portuguesas dun centro de promoción do turismo.
Polo interese que ten
ENGÁDESE O TEXTO DA NOVA E COMENTARIO DA REDACCIÓN
No xornal "LA REGIÓN" do día 15 de Abril pódese ver a seguinte nova:
Los concellos hacen oficial su propuesta europea
SEGUE A NOVA E COMENTARIOS DA REDACCIÓN
Visto o contido dun comentario á nova sobre o Pleno Extraordinario do Concello do Lobeira celebrado o 3 de Abril pasado, feito por "UN VECIÑO", engadimos seguidamente a resposta que se lle deu por parte da nosa Redacción, por considerar que debe de ser coñecida por todos os nosos visitantes.
SEGUE A RESPOSTA A "UN VECIÑO"
Transcribimos literalmente unha nota que o voceiro do BNG nos enviou referente a Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e megalítico do Concello de Lobeira.
11 abril/2008
Visita Delegado Cultura a Canle e a Fraga, acompañado polo Xefe de Patrimonio en Ourense Alfredo Seara (nado en Lobeira e fillo de José Seara que foi administrativo no Concello de Lobeira), e David Pérez de Bande, Arqueólogo, que tamén colabora no proxecto.
Na versión dixital do xornal Portugués “O PRIMEIRO DE JANEIRO” pódese ver unha entrevista ao Alcalde de Lobeira que non ten desperdicio algún.
SEGUE A ENTREVISTA E COMENTARIOS SOBRE A MESMA
Na dita entrevista o Alcalde de Lobeira di o seguinte:
