Deberíamos poñernos moi ledos, se temos en conta a nova dada hoxe por La Región de que seis concellos ourensáns aspiran a ser a porta de entrada ao Parque Natural Xurés-Gerés e que os equipos técnicos dos concellos de Entrimo, Calvos, Muíños, Bande, Lobeira e Lobios xa están traballando nas súas propostas. Cita La Región a proposta de Entrimo, Muíños, Bande e Lobios, pero nada di referente ao Concello de Lobeira. Isto pode ter moitas explicacións pero a min, coñecendo a nosa situación, soamente me cabe unha:
ONDE CARALLO ESTÁ O EQUIPO TÉCNICO DE LOBEIRA?
Arsenio Landa
ENGADIMOS LINK COA NOVA DE LA REGIÓN
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/04/20/0003_8429784.htm
Hai xa bastantes anos atopeime cun amigo, empresario de servizos fúnebres, cando saía da Farmacia de Lobeira. Pregunteille que facía por alí e respostoume que estaba intentando facer un Tanatorio en Lobeira, pero que non atopaba nin apoio nin axuda por parte do Alcalde. Vamos que o Sr. Alcalde non vía a necesidade dun lugar para velar os mortos de Lobeira. Chegou con que o PP perdese as eleccións autonómicas e que a oposición de Lobeira levase no seu programa a construción dun Tanatorio para que lle entrasen tamén as ganas ao Sr. Alcalde. Debeu considerar que era perigoso, para os seus intereses cando menos electorais, que outros viñeran a facer o que el non quería. Logrou sacarlle a Deputación a construción do Tanatorio, instalándoo no lugar menos adecuado, como xa expuxemos en outras ocasións e tomando decisións en Comisión de Goberno, en contra do acordado por unanimidade en Pleno. Unha mostra máis de como fai o que quere, sen ter en conta a lóxica, o sentido común e as opinións dos que representan a unha importante parte do Concello de Lobeira. ¡Toda unha lección de actuación ditatorial e caciquil!.
Pero, como era de esperar, agora chega a triste realidade das consecuencias dunha tan desafortunada actuación. Si lle facemos caso aos comentarios que circulan pola Vila e por desgraza ao parecer son verdadeiros o Concello acaba de alugar o Tanatorio, FEITO CON DIÑEIRO DOS CONTRIBUÍNTES, a un empresario do sector, pola módica cantidade de 50 € ao mes. Tamén se dí que o consumo da luz correrá a cargo do Concello.
¡ISTO XA É A GOTA QUE COLMA O VASO!.
Que trexemanexes se trae o Alcalde para regalar un negocio feito con diñeiro público a un particular, que por certo non é o que eu vin en Lobeira e que quería facer o Tanatorio pola súa conta.
Imos continuar a ver ao PP provincial e rexional a consentir estas actuacións que son de Xulgado de Garda?.
Non terá un intre o novo Presidente Provincial do PP para mirar para Lobeira e tomar unha decisión que non quixo tomar seu pai?.
IMOS SEGUIR POR MÁIS TEMPO AS XENTES DE LOBEIRA SOPORTANDO, COA PASIVIDADE DO PARTIDO POPULAR, ESTES ATAQUES CONTINUOS A NOSA DIGNIDADE?.
Arsenio Landa
Na foto que engadimos pódese ver, na parte superior, o tubo que bota unha cantidade de auga que non se pode xustificar como procedente dos vertedoiros sanitarios das vivendas.Ao parecer esta auga procede probablemente dun rego, pasada improcedentemente pola fosa, anulando posiblemente o traballo da mesma.
Na parte inferior pódese ver outro tubo que é o que debería traer as augas fecais unha vez depuradas e por ela non se ve saír nada.
Quen pode explicar todo isto?.
É posible que como dixemos en outra nova o Concello teña tapada esta realidade ante os veciños e os organismos competentes en materia de sanidade?.
CONTINUARÁ………..
Como non podía ser de outra maneira, quixemos comprobar o que dixeron algúns veciños de As Quintas sobre a fosa séptica do seu pobo.
Engadimos foto tomada onte, na que pode verse o estado en que se atopa a parte da fosa que debería estar chea de auga e non do que pode verse.
Na parte en que terían que estar os sólidos, está chea tamén de sólidos e con abundante auga circulando por riba.
Polo de agora diremos que, visto o visto, a fosa está a tope de merda cando menos en dous dos seus compartimentos, que son os que puidemos ver.
¡Ver a nova seguinte!
Nesta foto tomada onte, día 07 Abril 2010, pódese ver a situación actual da fosa séptica de As Quintas.
Para nos foi, en principio, unha agradable sorpresa ver que se tiña reparado o que tiñamos denunciado no seu día. Pero a nosa ledicia durou pouco cando varios veciños de As Quintas nos informaron de que o único que había feito o Concello era meter un tubo de desagüe, de xeito que as augas fecais seguen saíndo directamente ao rego sen pasar pola fosa. Se así fose e os veciños teñen razón, o Concello o que presuntamente tería feito é intentar enganar aos veciños e tamén ós organismos competentes en materia de sanidade, ocultando a realidade, o que sería moito máis grave. Estamos á espera de poder aclarar esta situación dado que si os veciños non están equivocados está xa sería a GOTA DE AUGA FECAL que enchería o copo da falta de sanidade das augas en Lobeira.
Na foto pódese ver a situación da fosa séptica de As Quintas en data 19 08 2008, en que neste xornal denunciábamos como saían as augas fecais ao rego sen ser depuradas.
Engadimos link a TVG para que nosos lectores poidan ver o reportaxe que dita cadea dedicou á poda dos Carballos de Leonor, cos comentarios de veciños de As Quintas
http://www.agalega.info/videos/?emi=9813&corte=2010-03-31&hora=14:03:13&...
No xornal LA REGIÓN de hoxe aparece, como pode verse na foto que se engade, unha denuncia escrita acompañada de dúas fotos que de forma contundente mostran como estaban e como quedaron os chamados carballos de Leonor do pobo de As Quintas, despois da poda á que foron sometidos por unha brigada da Deputación Provincial.
¡ COUSAS VEREDES QUE NON CREEREDES !
A prensa rexional, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, dan novas sobre a poda feita nuns carballos centenarios en As Quintas (Lobeira).
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/03/29/0003_8386160.htm?utm_sou...
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/03/29/denuncian-poda-agres...
Ao comezo desta semana e de acordo ao que nos informaron, unha brigada da Deputación procedeu á poda dos carballos existentes fronte a Farmacia de Lobeira (os chamados “Carballos de Leonor”). Existen moi diversas versións de quen pediu e quen autorizou tal poda. Queixase algunha xente da poda, outros do destino dado a leña cortada e no día de hoxe podíase ver unha pancarta pendurada dun dos carballos, tal e como se pode ver na foto.
Neste xornal non imos a entrar sobre a conveniencia ou non dunha poda como a feita. Do destino da leña cortada xa nada nos sorprende, pois xa existen outras historias sobre o asunto das que se deu conta nestas páxinas no seu día.
É o Sr. Alcalde quen debe dar unha explicación de todo o acontecido. Si non o fai é que segue a considerarse con capacidade para tomar decisións que deberían ser postas en coñecemento dos veciños.
ESA PANCARTA EN LOBEIRA, SIGNIFICA QUE OS VECIÑOS COMEZAN A ESPERTAR DO SEU SONO?
