É normal que o Departamento Territorial da Conselleria de Sanidade e da Area de Infraestructuras e Servizos da Deputación Provincial, teñan comunicado ao Concello de Lobeira repetidamente en 2009 que a auga empregada para consumo domiciliario non era válida para tal fin? Como pode continuar a mesma situación en 2010?. Como non toma o Concello medidas para evitar este grave problema?. É o Concello incapaz de resolver o problema? . Limitase a labor do Concello a dar conta á Xunta de Goberno da existencia de tales informes? . Como non se lle comunica aos veciños esta lamentable situación?

QUE ESTÁ A PASAR COA AUGA?
QUE ESTÁN A BEBER OS VECIÑOS DE SANTA BAIA, AS QUINTAS, E A VILA?

Damos seguidamente a información que temos sobre o Plan FEIL aprobado polo Concello de Lobeira para 2010.
No pasado ano 2009 o importe foi de 192.000 €. Para o ano 2010 baixou a 111.000 €.
Os conceptos aos que se vai aplicar o Plan son literalmente, de acordo á Acta da Xunta de Goberno do 21 de Xaneiro de 2010
1- Mellora da eficiencia enerxética do alumeado público nos núcleos de A Canle e Vilariño de Santa Cristina ( 88.777 €)
2- Programa de atención a persoas maiores e dependentes (12.750 €)
3- Soporte software para tramitación telemática de procedementos administrativos mediante agrupación de entidades locais, representando á agrupación el Ayuntamiento de Verín (9.500 €)

Se comparamos este Plan 2010 co do ano pasado, diríamos que semella que o Concello de Lobeira teña aplicado un pouco máis de sentido común este ano. Tal e como informamos no seu día, no derradeiro ano gastáronse os cartos en lugares o en proxectos totalmente inxustificados e que parecían atender a necesidades e intereses moi alleos aos do pobo de Lobeira en xeral. Criticamos moitas veces nestas páxinas o abandono das persoas maiores que precisan axuda, o dispendio en gastos de alumeado público e a falta dun sistema informático de acordo aos tempos actuais. Pois ben, este ano parece que se aplicou unha lóxica coincidente cos intereses que sempre temos defendido.

Unha vez máis Lobeira ausente. A pesar de ter sido invitado, o Concello de Lobeira non parece estar interesado nas propostas e plans que se poidan facer para mellorar a lamentable situación de A Baixa Limia.
Na nova de La Región, que se pode ver no link que se engade, non aparece representante algún de Lobeira. A nosa situación segue a ser a de sempre. O Alcalde non vai a sitio algún e tampouco manda a ninguén. Parece ser o único cidadán de Lobeira que lle chega co que ten, non precisa mellorar nada e tampouco lle interesa o que poidan facer os outros alcaldes de A Baixa Limia.
É inconcibible que o PP provincial non tome cartas no asunto e poña un pouco de orden neste concello. Estarán á espera do inicio do Plan de Formación de Políticos Locales, que prometeu o novo Presidente, para RECICLAR ao noso Alcalde?.¡DEUS O FAGA MELLOR!

http://www.laregion.es/noticia/118661/eurregion/xeres/

Cando acabamos de colocar a nova anterior e para comprobar que funcionaba o "link" con www.ovieroleboreiro.com , entramos en dita páxina e vimos que na relación de concellos NON APARECE o CONCELLO de LOBEIRA. Nin páxina web algunha, nin fotos nin tan sequera o nome. Si aparecen todolos outros concellos de A Baixa Limia con fotos ou coa súa web.
Esta é a nosa triste realidade. Un concello rexido por xentes que nin se preocupan, nin saben nada das obrigas e necesidades que hoxe supóñen as novas tecnoloxías e os novos métodos de difusión e presenza.


O noso Concello parece non estar para cubrir as nosas necesidades, semella estár soamente para cubrir as necesidades dos seus rexidores

O GDR-16 (Celanova e Baixa Limia)convoca a contratación dun xerente e dun técnico administrativo.
A sede do GDR será en Celanova.
Documentación e información en http://www.ovieiroleboreiro.com
Engádese a convocatoria..... SEGUE

P1000230 peq.jpg

Mentres o Presidente do PP de Galicia dicía hai poucos días, ante a prensa, que habería que anexionar os concellos pequenos a outros maiores e facía de isto una cuestión de Estado, en Lobeira a “Xunta de Desgoberno” tomou, no seu día, a decisión de gastar o 38 % do total do diñeiro que lle correspondeu polo Plan E, en mellorar a Casa do Concello. ¿Non habería outros sitios máis necesitados onde gastar os cartos?. Veña a derruír muros de formigón e facelos de novo en pedra, para ampliar o aparcamento e que caiban mellor os coches á porta do Concello. Entre tanto existen camiños nos pobos en que non pode entrar unha ambulancia. Non nos gusta nada a idea do Sr. Feijoo de anexionar concellos, pero si non poden ou non saben buscar solucións para o rural, chegará o día en que esa será unha triste realidade. Mentres chega ou non tal día para o noso concello, os nosos rexedores gastan os cartos en mellorar a casa que consideran da súa propiedade.
¡Que triste realidade!

queodemomeleve (2).jpg

Dende este xornal non desexamos entrar na loita que se está a producir no Partido Popular de Ourense. Consideramos que o noso fin primordial é a información e a defensa de Lobeira. Nembargante, vista a lamentable situación e peor espectáculo, que están a dar as “forzas vivas” do PP de Ourense, non desexamos que ninguén poida pensar que ocultamos o noso pensamento sobre a realidade de feitos inadmisibles. É por iso que como unha chamada á cordura e dende o total respecto, traemos ao noso xornal unha composición, na que coa axuda das imaxes do fundador do PP e do poeta Curros Enriquez e pondo na boca do primeiro as verbas do segundo, indicamos o noso desagrado pola situación que se está a vivir en Ourense.

No xornal La Región pódese ver a noticia sobre a desaparición do GRUMIR na Baixa Limia a partir do 1º de Xaneiro 2010.
¡BEN COMEZAMOS O ANO!
http://www.laregion.es/noticia/113163/bande/baixa/limia/sin/servicio/gru...

Según noticia de La Región el actual Presidente Provincial del PP, José Luis Baltar, no se presentará a la reelección.

Sigue link con la noticia en La Region.

http://www.laregion.es/noticia/112045/.

De acordo co establecido no Plan Nacional de Transición á TDT o Concello de Lobeira deixará de recibir as emisións analóxicas o 31 de Decembro de 2009.
Mentres que nunha parte dos pobos de Lobeira xa se pode ver a Televisión Dixital Terrestre, en outros moitos non se colle ou existen zonas de sombras que non a collen, dado que o emisor de Lobios non alcanza a cubrir ditas zonas.
Visto o anteriormente indicado, dende estas páxinas invitamos a tódolos veciños de Lobeira a que sinen e rexistren no Concello un escrito solicitando que se fagan as xestións oportunas para que todo Lobeira quede cuberta pola Televisión Dixital Terrestre.

A tal fin e para facilitar o impreso a quenes desexen cumplimentalo, na sección de CARTAS engadímolo. Para obter unha copia chega con pulsar no título para agrandar o impreso e logo co botón dereito do rato sobre a imaxen pedir unha copia impresa.