Ante a imposibilidade de dicir nunha breve crónica todo canto se dixo, como se dixo e as actitudes habidas neste Pleno, con feitos de total falta de transparencia, de falta de actitudes democráticas, e o que é tanto ou mais grave, de falta de todo sentido común- cousas tan lamentables como xa habituais nos Plenos de Lobeira- limitarémonos a destacar o seguinte:
A actitude lamentable do Sr. Alcalde, agachado a maior parte do tempo detrás dun monitor (como pode verse na foto que engadimos), sen que se lle poidan case escoitar os seus lamentables comentarios.
As verbas do Sr. Alcalde, ditas repetidamente cando tiña a palabra o voceiro da oposición, tales como
"que diga o que queira, que nos imos votar"
"nos xa contestaremos por escrito, como facemos sempre"
"imos pasar a votación pois non imos pasar aquí todo o día"
"a min ninguén vai a moverme a silla"
ou
dirixíndose ao 2º Tenente de Alcalde e Voceiro do Grupo Popular
"non lles contestes nada e imos votar"
A guinda da sesión púxoa o Secretario do Concello cando referíndose a que o Voceiro do BNG non tiña acabado a súa exposición, dirixiuse ao Alcalde dicindo: "e que ELES aínda queren dicir algo máis". Ese ELES, ademais dunha falta total de educación e de respecto a un Concelleiro, parece supoñer un claro posicionamento da súa parte. Coma sempre volve o xa famoso NOS e ELES. ¡OS MEUS!
Esta lamentable sesión ben a demostrar, unha vez máis, a incapacidade total do noso Alcalde para rexer un Concello co espírito e talante democrático que esixen os tempos actuais.
¡ E LOBEIRA A DURMIR !
O pasado mércores día 28, celebrouse un Pleno no Concello de Lobeira ao que asistiron os cinco membros do Grupo de Goberno, os tres do BNG e faltou a concelleira do grupo non adscrito (Antes PSOE).
SEGUE INFORMACIÓN SOBRE O PLENO, ONDE SE APROBARON AS NOVAS E DESCOMUNIAS TAXAS DE RECOLLIDA DE LIXO........
No día de hoxe celebrouse un Pleno cun único punto na Orde do Día: Aprobación da Conta Xeral do 2008.
Quixeramos facer unha serie de preguntas para que os lectores se entreteñan en ver si é verdade o que imos a expoñer.
1- Neste mes haberá dous plenos. Un xa indicado e logo dentro de 15 días outro con dous puntos na Orde do Día: 1º Aprobación da acta da sesión anterior e 2º Rogos e preguntas. Con tales puntos a tratar, ¿cómo se pode comprender que non se faga un solo Pleno?. ¿Será para tirar coma sempre do “teto”?. Se se calcula o que cobran o Alcalde e os Concelleiros por Pleno e se contan os poucos minutos que durou, ¿saben canto nos custa aos contribuíntes cada minuto de pleno?. Fagan contas.
2- Nas contas presentadas o Concello recoñece unha débeda no exercicio 2008 de case 135.000 €. ¿Será verdade que o Concello non debe nada máis?.
3- ¿Será verdade que existe unha carpeta no Concello que ten facturas, non contabilizadas, por valor de case 220.000€ ?. ¿Será verdade que estas cantidades non figuran nas contas?
4- ¿Non considera o Concello nas súas contas a débeda que ten con Unión Fenosa, que era a principios de ano de 155.000 € e que supoñemos diminuída, si se foron pagando os prazos acordados?.
5- ¿Non lles parece aos lectores que si o exposto é certo a débeda real será o resultado de sumar a os 135.000 € o que supoñan os puntos 3 e 4 ?.
Por outra veira a inversión real do Concello para 2009 vai ser de 9.500 €. O resto dos orzamentos, ao redor de 500.000 €, vanse en gastos de persoal, cantidades percibidas polos membros da corporación e outros gastos xerais.
Si temos en conta os veciños existentes no Concello, resulta que por cada veciño deben entrar no Concello ao redor de 500 € e o que o Concello lles aporta de media a cada veciño en forma de inversións son 12 €.
¡E SEGUIMOS A DURMIR!
Engadimos Nota de Prensa que nos enviou o BNG de Lobeira.
AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN
O Partido Popular, por medio do seu portavoz na Comisión Especial de Contas, explicou que se vai convocar un Pleno extraordinario, ao efecto, para a aprobación da Conta Xeral, por certo fóra de prazo e incumprindo un precepto legal que é que a Conta Xeral deberá ser sometida a informe antes do 1 de xuño do ano en curso.
No xornal La Región do día 19 de Setembro aparece unha nova referente ao Tanatorio que se está a construír en Lobeira. Como dí La Región o Velorio estase a construír ao lado do Centro Médico e do pechado Grupo Escolar, que o Concello quere converter en Residencia ou Centro de Maiores. Como xa comentamos en outros momentos o Concello non podía ter buscado peor sitio para a ubicación dun Tanatorio.
É unha mágoa que La Región teña tomado a decisión de eliminar a posibilidade de facer comentarios ás súas novas sobre A Baixa Limia, así quedamos sin poder saber o que pensan os Lobeirenses sobre este asunto.
Engadimos link coa nova de La Región.
http://www.laregion.es/noticia/103221/lobeira/obra/velatorio/ultimos/det...
Un grave problema de saneamento no pobo de As Quintas, que nos xa denunciamos o día 19 de Novembro de 2008, segue a ter aos veciños soportando cheiros e riscos inaceptables nos tempos en que vivimos. A escea da foto, no link que se engade, é tan terceiromundista como real.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/09/02/0003_7943531.htm?idioma=...
Julio Pereira, en nome de toda a familia de Ramón Rodríguez, fainos chegar para a súa difusión un escrito de agradecemento polo homenaxe feito ao seu tío en " O Obradoiro Aula de Ensino" o pasado día 15 de Agosto, sobre o que xa dimos novas no seu día.
SEGUE o ESCRITO ........
Un visitante do noso Diario de Lobeira enviounos a foto, que se engade, da Casa Escola de Taboazas. Unha mostra máis da desidia e abandono do Patrimonio do pobo de Lobeira, por parte do Concello.
ENGADIMOS NOTA DE PRENSA QUE NOS FIXO CHEGAR O VOCEIRO DO BNG DE LOBEIRA
CONCELLO PLENO 26 AGOSTO 2009
O Grupo Municipal do BNG no concello de Lobeira insta a Alcaldía a reducir ata un 50 % as indemnización aos membros da corporación por asistencia a plenos e xuntas de goberno.
Dende o BNG de lobeira entendemos que con esta medida de aforro e contención do gasto público, o concello aforraría nun ano preto duns 30.000,00 € , que se poderían dedicar a construción de importantes obras das que carece o concello, como é, entre outras, o enlace entre as parroquias de Sanxés e Lobeira polo Groicio, pista moi demandada dende fai tempo.
SEGUE.............
Ao contrario do feito en Muíños, no Concello de Lobeira as Casas Escolas foron vendidas hai moitos anos. Unha venta lamentable e de dubidosa legalidade. Moitas delas foron construídas nos comunais dos pobos e por tanto deberían pasar á propiedade dos mesmos. O Concello malvendeu este patrimonio e os pobos agora non poden contar con locais para usos sociais. Aínda máis, teñen que sufrir o lamentable estado de ditas Casas Escolas. Todo un exemplo de mal facer.
Na foto a Casa Escola de Santa Cruz, que como pode verse se atopa en estado totalmente ruinoso.
