PARADA peq.jpg

O Concello de Muíños está rematando a rehabilitación da Casa Escola de Parada de Ventosa para a súa utilización polos veciños de dito pobo. Un traballo que demostra que a pesar do despoboamento do rural algúns Concellos, como o de Muíños, fan un traballo positivo tendente a loitar contra tal situación. Un claro exemplo de defensa por parte do Concello de Muíños, do patrimonio dos seus pobos. Nosa felicitación aos veciños de Parada de Ventosa e un aplauso ao Concello de Muíños.
Na foto a Casa Escola de Parada no actual estado de rehabilitación.

DSC_0125bs.jpg

No día de onte, no Salón de Actos de “O Obradoiro Aula de Ensino de Ermille (Lobeira), tivo lugar a proxección da curtametraxe “O Limia, el río del olvido” e da reportaxe “Viaje fotográfico por A Baixa Limia”. O acto foi organizado a modo de homenaxe a un dos actores da curtametraxe, Ramón Rodríguez, recentemente falecido . A sala de proxección estaba ateigada de público, que irrompeu espontaneamente en aplausos no intre de aparecer Ramón en escena. O acto rematou coa proxección dunha pequena reportaxe fotográfica “En lembranza de Ramón Rodríguez” e a entrega a súa filla, xunto coa curtametraxe e o reportaxe fotográfico, dun cartel da curtametraxe cunha expresiva dedicatoria.

Na sección de Cartas pódese ver a enviada por Arsenio Landa a tódolos Lobeirenses en data 27 de Xullo de 2009, sobre a soidade, o tanatorio e outros velorios.

DSC_0109 peq.jpg

Os rapaces do pobo de Facós queriamos convidar a toda a xente a vir o día 24 de xullo pola noite ata Facós para festexar con nós o día de Santiago.
Canta máis xente nos acompañe esa noite mellor, xa que a xente nova, a pesar das dificultades, estamos tentando recuperar a festa do noso pequeno pobo sen ter moita axuda.
Teremos queimada de balde ó principio da noite (00:00) e a Disco-Móvil Ourense toda a noite acompañada dun pequeno bar para os que queiran tomar algo con nós.
Así que xa sabedes, estades todos convidados e esperámosvos o día 24.
Un saúdo
Na foto Capela de Santiago en Facós
Nota da Redación: noraboa á mocidade de Facós pola iniciativa e grazas por ternos enviado a nova.

Engadimos texto da moción presentada no mes de Febreiro de 2008 polo BNG, sobre o lugar a construir un velorio. O Sr. Alcalde sin ter en conta a opinión da oposición, dos veciños e sobre todo sin aplicar a máis leve lóxica a este asunto, ten comezado a obra. En tal serie de desatinos non sería de extranar que cando se remate a obra o velorio levase tamén o nome do Alcalde, como fixo co tramo da estrada que atravesa Santabaia, As Quintas e a Vila.
E nos preguntámonos unha vez máis:
É que non hai ninguén que lle faga ver ao Sr. Alcalde, que existen sitios máis axeitados e de menos coste para o que pretende facer?.
É que hai algunha causa lóxica para que o Grupo de Goberno acepte semellante disparate?.

O que está a ocorrir día a día en Lobeira é de vergonza e ise si que é un velorio do que o único responsable non é soamente o Alcalde.

SEGUE A MOCIÓN.............

No número do pasado domingo día 14 de Xuño apareceu en primeira plana e ocupando unha paxina enteira do interior, un artigo sobre Lobeira firmado por Jorge Casanova. O citado traballo recolle a triste realidade de Lobeira, que vai caendo día a día, polo abandono ou morte dos seus habitantes, nun pozo sen fondo. Polos novos nada se fai para que non se marchen, e ós vellos obséquiaselles con un velorio do que da vergonza ata falar.
Sinala o traballo que Lobeira é o Concello co peor rexistro demográfico do país.
Para máis tristura o médico declara que “más que médico se puede decir que yo soy un geriatra”. Nada comenta do velorio que lle van a poñer ao lado mesmo do Centro de Saude. Ese velorio que é unha vergoñenta realidade para tódolos Lobeirenses e que recolle o xornal no seu titular coas seguintes verbas: “EL PUEBLO QUE CAMBIÓ UNA PISTA DE JUEGOS POR UN TANATORIO”
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/14/0003_7783901.htm

Unha lamentable nova sobre o pobo de Chaos de Limia (agora lusitanizado como Chaus de Lima non se sabe por quen e co silenzo do Concello de Lobeira)pódese ver nos enlaces que se engaden.
http://www.laregion.es/noticia/94609/lobeira/averia/agua/chaos/
http://www.ourensedixital.com/_novas/09/06/19_05.htm

DSC_0083 peq.JPG

A pesar das diversas opinións, que aconsellaron no seu día que o Velorio Municipal non se instalase ao carón do Centro de Saúde e diante das fiestras do Colexio Público, que se quere converter en residencia ou centro de maiores, como pode verse as obras teñen comezado na antiga cancha de baloncesto.
Nun Pleno Municipal de comezos do 2008, acordouse iniciar a delimitación do núcleo da Vila como Núcleo Rural Urbano, para poder instalar en outros terreos municipais máis adecuados dito velorio. Ao día de hoxe a pesar da decisión do Pleno aínda non se iniciaron os trámites para dita delimitación.
Nota da redacción:
Outro desatino do Grupo de Goberno que consinte que prevaleza, por riba do que manda o sentido común, a intención do Alcalde que non entende máis e non quere outra cousa que saír coa súa vontade. Que a oposición e moitas xentes máis aconsellan outra situación, pois a demostrar que se fai o que o Sr. Alcalde decide. O Grupo de Goberno acepta o que se lle diga e así desatino tras desatino e desfeita tras desfeita Lobeira segue a ser, pola acción consentida do Sr. Higuero o derradeiro pobo de Galicia en todo.

DSC_0082 peq.JPG

Na foto pódese ver as obras que se están realizando na Casa do Concello dentro do Plan Nacional “PlanE”. Como anunciamos en este xornal dixital en data 20 01 2008, a esta obra dedicou o Grupo de Goberno, sen ter en conta á oposición, o 38% do investimento total de dito Plan para o Concello de Lobeira. O seu custo é de 72.500 €.
Nota da redacción:
Alguén pode xustificar que a Casa do Concello teña preferencia sobre outras necesidades dos pobos, que son máis urxentes?. A estrutura política e administrativa do noso Concello consome case todo o orzamento anual do Concello e por riba cando se crea un Plan novo é xustamente tamén a Casa do Concello quen leva a maior partida dos cartos. E Lobeira segue a consentir semellantes desatinos dun Grupo de Goberno que non ten en contan nin as opinións da oposición nin o ben dos cidadáns. Soamente se preocupa de mellorar o que teña relación cos seus propios intereses.

DSC_0058 peq.jpg

O pasado domingo día 31 de Maio celebrouse a tradicional Romaría de A Nosa Señora do Viso. Despois da subida en procesión da imaxe da Virxe dende a Igrexa Parroquial de San Vicente de Lobeira ata a Ermida do Viso, celebrouse a Santa Misa, momento que recolle a foto que engadimos. Este ano o tempo axudou a que foran moitos os romeiros que asistiron a esta romaría de secular tradición. Familias enteiras levaron as habituais viandas para o xantar ao aire libre e os postos de pulpo, carne ao caldeiro e churrasco estiveron a tope. Unha vez máis demostrouse que son principalmente as xentes da bisbarra os que manteñen esta romaría coa súa presenza. Debemos dicir que a diminución de grupos de gaiteiros, que se ven producindo nos derradeiros anos, é de lamentar pero non afecta a esencia da tradicional Festa do Viso.