DSC_0035 peq.jpg

Na foto tomada no día de hoxe, ás 16:46 horas dende o diestro da Igrexa de Santa Cruz de Grou, pódese ver o incendio que afectaba á Serra do Leboreiro.

Na sección de CARTAS pódense ver as XIII e XIV enviadas aos Lobeirenses por Arsenio Landa no día de hoxe.

No derradeiro censo electoral, aparecen censadas xunto co Alcalde de Lobeira sete persoas máis na súa casa. Preguntando aos veciños infórmannos do feito que, salvo algunhas eventuais visitas, na casa mora soamente o Alcalde. Pensamos que si vive so, deben ser “Pantasmas” os que aparecen censados alí. En calquera caso, si temos en conta que no censo das eleccións municipais do 2007 había 12 persoas censadas na súa casa, temos que concluír que o CENSO de PANTASMAS ten baixado moito en Lobeira nos últimos dous anos. É de subliñar que non é a única casa na que deben existir “PANTASMAS”. Por certo: os “pantasmas” non soamente están censados, tamén acudiron a votar.
¡PARA MICCIONAR E NON BOTAR PINGADA!

MILLONARIO 01 peq bis.jpg

Dende hai case dous meses seguen cortando o paso por unha beirarrúa de As Conchas, os restos dun arbore dunha finca particular, tumbado polo vendaval. Si a propiedade non retirou as ramas, despois do tempo transcorrido, supoñemos que o Concello terá que obrigar a que o faga ou proceder de oficio a retiralas con cargo aos propietarios. O que non é admisible é a pasividade do Concello neste asunto e que non teñan en conta a súa responsabilidade no caso en que se produza algún accidente. Os peóns vense obrigados a baixar da beirarrúa á estrada un largo treito, con grave perigo para as súas vidas.
Na Plataforma CIDADÁ ¡XA ESTÁ BEN......! recollemos esta queixa de algúns veciños de As Conchas e procederemos a transmitila ao Concello.

Señores do Concello, ¿é que non poden facer algo máis que cobrar por reunións e máis reunións, e preocuparse un pouco máis dos cidadáns?.

IMPACTO.jpg

Na tarde de onte produciuse un desgraciado accidente no lugar de As Quintas (Lobeira). Un vehículo conducido, por un camiño veciñal, por Magín Vázquez Domínguez de 79 anos, foise por causas descoñecidas contra un muro de pedra. No vehículo tamén ia a veciña de As Quintas Concepción Díaz López de 73 anos. O condutor foi trasladado en ambulancia a Ourense falecendo no camiño. En helicóptero trasladouse en estado grave á acompañante. Dende Diario de Lobeira testemuñamos á familia do falecido nosos sentimentos de condolencia e desexamos unha rápida recuperación para Concepción.
Na foto lugar do accidente coas pegadas do forte impacto

No Pleno Extraordinario celebrado no día de hoxe aprobáronse os Orzamentos Municipais para o exercicio 2009, cos votos dos concelleiros do Grupo de Goberno e o da concelleira Non Adscrita.
Cabe destacar que en ditos orzamentos dedícase máis do 80% a gastos de persoal, asistencias a Comisións, Plenos,Dietas, Viaxes, etc.
As inversións reais para o Concello son soamente de 9.554 € . Con relación ao exercicio 2008 baixaron un 32%. De 14.054 € no 2008 a 9.554 € para 2009.

Para mañá Martes día 10 de Marzo foi convocado un Pleno Extraordinario cun único punto na ORDE do DÍA:
1-Aprobar, se procede, orzamentos ano 2009
Este novo Pleno ten que producirse polo feito de ter retirado, O Grupo de Goberno, este mesmo punto da Orde do Día no pasado Pleno do día 25 de Febreiro, por haber visto erros nos orzamentos presentados. Erros que ninguén puido definir cales eran. Agora de novo un gasto de 1.200 € ( 400 para o Alcalde e 100 para cada Concelleiro) por un novo Pleno que debemos considerar que se produce pola incompetencia do Sr. Secretario, si temos en conta as palabras do voceiro do Grupo de Goberno cando dixo que eran “erros de secretaría”.
A única realidade é que tales erros, si en verdade existían e ninguén detectou, ocasionan novos gastos as arcas do Concello e ninguén asume a súa responsabilidade.
Gastos ocasionados ao Concello pola aprobación dos Orzamentos 2009:
Comisión de Contas en que se aprobaron os primeiros orzamentos…………. 800 €
Comisión de Contas en que se aprobaron o novos orzamentos ………………. 800 €
Pleno do próximo Martes para aprobar os orzamentos corrixidos…………..… 1.200 €
Total ……………… 2.800 €
De esa cantidade o Sr. Alcalde, polos erros cometidos e aprobados na Comisión de Contas, embolsa 1.200 €.
OUTRO DATO:
Dende o día 19 de Febreiro ata maná, en que se celebrará o Pleno antes citado, é dicir en 2 semanas e media o Sr. Alcalde embolsa 2.000 € por “dirixir” un Concello en que nada funciona, como pode verse unha vez máis e no que ata aproban orzamentos con erros.
Agora xa podemos aumentar a lista das razóns polas que o noso Concello non pode asumir o gasto de 9.600 € que tería que aportar para poder beneficiarse dos Plans de Inversións da Deputación. Levan o diñeiro que o Concello precisaba para participar nos Plans de Inversións da Deputación. Si a nosa información non está equivocada diremos que Lobeira é o único Concello de Ourense que se queda no ano 2009 sen aparecer no Plan de Inversións da Deputación para 2009.
¡TODO UN EXEMPLO DE BOA XESTIÓN!

DSC_0081 peq.jpg

É verdadeiramente sorprendente que poucos días antes das eleccións e tendo en conta o problema que ten o Concello con Unión Fenosa, se teñan instalado, cando menos, dous novos puntos de luz no noso Concello. Un en Villariño de Santa Cristina e o segundo en Chaos de Limia. ¿Alguén pode dar unha explicación a esta nova provocación?.¿Eran realmente imprescindibles e agora antes das eleccións, estes dous puntos de luz?.
Repítese a historia de todolos anos en que temos eleccións.

Mellor que entrar en máis detalles, preferimos traer aquí un comentario sobre o tema aparecido no blog “Lobeira en el Mundo”
Comentario de Toni:
“Pois eu case que estou de acordo co alcalde. Xa que non paga nin ten intencion de pagar, pois ale puntos de luz pos veciños
Esto nin no cine”

Total de votos escrutados: 680

Partido Popular 319 votos ( 47%)
BNG 181 votos (27%)
PSdG-PSOE 166 votos (24%)

A pesar de seguir sendo o grupo político máis votado en Lobeira, é preciso dicir que despois de tantos anos de supremacía do PP en Lobeira, nas presentes eleccións os votos sumados do PSdG-PSOE e do BNG superan aos do PP.
A variacións entre porcentaxes entra as derradeiras eleccións autonómicas do 2005 e as actuais son as seguintes:
PP baixou do 66 % ao 47%
BNG subiu do 14 % ao 27 %
PSdG-PSOE subiu do 20 % ao 24 %.

Por outra parte, aínda que non sexa moi habitual comparar datos de diferentes tipos de eleccións, queremos establecer unha relación entre as últimas municipais (2007) e as actuais, resultando:
PP baixou do 53 % ao 47 %
BNG baixou do 28 % ao 27 %
PSdG-PSOE subiu do 18 % ao 24 %

Todo o indicado demostra unha enorme caída do PP en Lobeira, un estancamento do BNG e unha lixeira subida do PSdG-PSOE.

Despois de todo o ocorrido nos últimos tempos en Lobeira é difícil interpretar parte de estes resultados e non queremos entrar en máis consideracións, deixando o análises da evolución política do noso Concello para que cada quen saque as súas conclusións.

DSC_0073 peq.jpg

Alguén sabe quen foi o que deixou aparcado este todoterreo, no día de onte?, día das eleccións, de xeito tan incívico, que ademais de ter a roda dianteira enriba da beirarrúa, ten a traseira metida no medio da “Travesía do Alcalde Higuero Cardoso”, obrigando aos coches a pisar a liña continua. Sabemos que o vehículo é propiedade do propio Alcalde de Lobeira, pero o que preguntamos é si alguén sabe quen o aparcou así. A razón da nosa pregunta non está en que non saibamos quen foi, é soamente que temos a dúbida de que puidese aparecer algún veciño que en Acta Notarial declarase, “por boa veciñanza e fora da xornada laboral”, que o había aparcado el mesmo.