Na tarde de onte tivo lugar en “O Obradoiro Aula de Ensino”, unha xuntanza para falar do tema “Presente e futuro de Lobeira” . A mesma, que foi prevista como unha Mesa Redonda e a que foron invitados individualmente o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación Municipal, ademais do Secretario, converteuse nunca charla aberta dado que os únicos Concelleiros presentes foron os tres do BNG. A ausencia, que non estrañou a ninguén, do resto dos Concelleiros soamente pode ter unha lectura. Si como se comprobou no Pleno pasado o Alcalde e Concelleiros do Grupo de Goberno non responden ás preguntas da oposición, nin permiten abrir un debate, non é de estrañar que non se atrevan a participar nun debate público.

Dende a Plataforma Cidadá ¡XA ESTÁ BEN........! non deixaremos de organizar todas as mesas, debates e charlas que poidan dar luz e informar sobre a situación lamentable que vive o Concello de Lobeira e que moitos, irresponsablemente, tratan de ocultar.

FARO bis.jpg

Engadimos recorde dunha nova aparecida no día de onte en FARO de VIGO, polo interés que ten para o pobo de Lobeira.

Na sección de CARTAS pódese ver a enviada por Arsenio Landa aos Concelleiros de Lobeira, referente aos feitos acaecidos no Pleno de onte, dos que xa dimos conta na anterior nova.

Ante a imposibilidade por falta de tempo e espazo para facer a crónica, polo miúdo, do Pleno do día de hoxe, trataremos de informar o máis concisamente posible, do acontecido nun Pleno que resultou ser o máis vergoñento e surrealista de todos cantos temos presenciado.
Como redactor de este espazo web, pido desculpas por facelo dunha forma moi persoal pero o acontecido ao final do Pleno, e que afecta directamente a miña persoa, obrígame a elo . Sinalarei de forma resaltada os meus comentarios persoais para máis transparencia.
Penso que o sucedido hoxe no Pleno do Concello de Lobeira demostra unha vez máis que eu tiña moita razón cando por carta dirixida ao Sr. Presidente do Partido Popular de Ourense, antes das eleccións do 2007, lle informaba do que pasaba en Lobeira e lle pedía que o Sr. Higuero non fose nas listas do PP. Ninguén poderá acusarme de non ter advertido do que estaba a pasar en Lobeira e que por desgraza continúa a pasar coa permisividade e culpabilidade dos que deberían evitalo.

SEGUE A CRÓNICA........................

PRESENTE E FUTURO copia.jpg

Cartaz anunciador da MESA REDONDA que sobre "PRESENTE E FUTURO DE LOBEIRA", terá lugar en "O Obradoiro Aula de Ensino" de Ermille, o próximo Venres día 27 de Febreiro de 2009 ás 20:30 horas.
A dita Mesa Redonda serán invitados tódolos Concelleiros da Corporación Municipal.
A entrada é libre.
¡Boa ocasión para expresar, dunha forma libre e democrática, os teus puntos de vista sobre o tema!.

Na sección de CARTAS pódese ver a enviada por Arsenio Landa aos Lobeirenses (XII),sobre unha nova dada por La Voz de Galicia e referente ao pase da Concelleira do Grupo PSdG-PSOE a condición de NON ADSCRITA.

A resultas dos feitos ocurridos o pasado Venres día 13 no Pleno Extraordinario, convocado con carácter de urxente, no que se tomou razón do desexo da concelleira do PSG-PSOE de non seguir representando a dito partido, pero manteñendo a súa condición de concelleira, Pleno do que fixemos anteriormente a súa crónica, engadimos agora na sección de cartas as seguintes

- CARTA ABERTA DE ARSENIO LANDA A ROSA MARÍA DOMÍNGUEZ SALGADO
- CARTA DE ARSENIO LANDA AOS LOBEIRENSES (XI)

DSC_0142 peque.jpg

Acaban de instalarse pancartas do PSG-PSOE en algúns puntos de Lobeira. Nelas pódese ver o mesmo slogan que levaban as das derradeiras eleccións municipais. Ao descontento dos históricos do PSOE en Lobeira, por non habelos tido en conta á hora de facer as listas para ditas eleccións, súmase agora o descontento xeral dos seus votantes á vista do que acaba de facer a súa cabeza de lista, renunciando a representar ao Psoe e pasar a situación de concelleira “non adscrita”. O fracaso do PSG-PSOE na asignación de María Rosa Domínguez Salgado como cabeza de lista nas derradeiras eleccións, soamente ten parangón co habido polo PP nas mesmas eleccións poñendo a Emilio Higuero Cardoso e na actualidade, para as próximas eleccións a Xunta de Galicia, habendo colocado a Luis Carrera Pásaro. Todo isto ven a confirmar que á hora de confeccionar as listas non se ten en conta nin aos militantes nin aos afines son as “ALTAS CABEZAS PENSANTES” as que deciden e á vista están os resultados.
¡VAMOS QUE NON ACERTAN UNHA!
¡POBRE GALICIA!

TRANSFUGA.jpg

No día de onte tivo lugar a celebración, con caracter urxente, dun Pleno Extraordinario da Corporación Municipal.
Punto 1: Xustificación do caracter extraordinario da convocatoria. O concelleiro do BNG Sr. Adán tomou a palabra para expresar a súa queixa, polo feito de ter incluído nun Pleno Extraordinario o punto nº 3 que non consideraba tivese urxencia algunha.
Punto 2: Substituíronse dous membros das mesas das eleccións que non se deron localizado nos seus domicilios.
Punto 3: Foi a toma de razón dun escrito presentado pola concelleira do PSG-PSOE Rosa María Domínguez Salgado, no que deixa constancia de que quere deixar de representar ao Partido Socialista no Concello. Unha vez lido o escrito polo Sr. Secretario o concelleiro do BNG Sr. Adán, pediulle á asinante da carta si podía dar unha explicacións das razóns que lle levaban a tomar tal decisión. A concelleira respondeulle que non tiña por que dar explicación algunha pero que de todas as maneiras ía darllas. Cando ía comezar a explicarse interveu o Sr. Secretario para dicirlle ao Alcalde que non tiña por que dalas e que o punto tratado era unicamente unha toma de razón. A concelleira insistiu dúas veces en querer dar unha resposta. Despois dun “galiñeiro” onde todos falaban o Alcalde repetiu entonces literalmente o que acababa de dicirlle o Secretario e levantou a sesión.
NOTA: ESTE PLENO, SACANDO UNHA PARADA NA QUE O SECRETARIO SE AUSENTOU PARA TRAER UNHA INFORMACIÓN, DUROU 12 MINUTOS E CUSTOU ÁS ARCAS DO CONCELLO 900 €. SENDO 400 € PARA O ALCALDE E 100 € PARA CADA UN DOS 5 CONCELLEIROS PRESENTES.
PÓDESE MOI BEN COMPRENDER TAL DESFEITA COMO UNHA DAS RAZÓNS DA MOROSIDADE REITERATIVA DO NOSO CONCELLO ANTE UNIÓN FENOSA E OUTROS ACREDORES, ENTRE ELES A EMPRESA DE CONSTRUCCIÓN PROPIEDADE DO PAI DA CONCELLEIRA

DSC_0139 peque.jpg

Lamentamos ter que contradicir unha información aparecida en La Región na que se encabezaba a nova dicindo “ Lobeira y Unión Fenosa pactan un acuerdo para saldar la deuda y retomar el suministro”. Para comezar consideramos que La Región debería coidar un pouco máis os seus titulares, cando menos no que a Lobeira se refire. LOBEIRA é un territorio municipal cuns veciños que pagamos puntualmente os nosos recibos da luz, as tasas duns servizos municipais a pesar das súas deficiencias, o I.B.I., etc., etc... Outra cousa é, administrativamente falando, o CONCELLO de LOBEIRA, que é un ente administrativo, que para a nosa desgraza, non soamente lle debe a Unión Fenosa cartos, aínda por riba semella non saber negociar con ela e chegar dun xeito rápido a unha solución dun problema que está prexudicando os nosos intereses e a nosa imaxe.
SEGUE..............